29 de mayo de 2012

CONTRA-BANDO: O CONCELLO DE COMPOSTELA ATACA Á VECIÑANZA


Este xoves no pleno aprobarase unha a nova normativa de ocupación e uso da vía pública que ataca todo uso libre da vía con multas de ata 3000€ se non se pagan as taxas correspondentes.
  • Polo que dende Asemblea Aberta chamamos a movilización co fin de deter esta norma fascista e opresora.

  •  Xoves 31, ás 17h no Toural: Cacerolada e pasarrúas ata o Concello.



View more documents from Alejandro Vila.

23 de mayo de 2012

Foro Galego de Inmigración

Información sobre a Asemblea de Inmigración e Retorno que organiza o Foro Galego da Inmigración e a Asociación Sen Papéis en Coruña este domingo 27 de maio baixo o lema "É racismo, non austeridade".


A asemblea desenvolverase das 10:00 ás 17:30hs na Escola Municipal de Música, incluindo unha comida popular no Campo de Marte ofrecida polas xentes do CSO Palavea.

Ás 18:00hs sairá do Campo de Marte unha manifestación contra o racismo institucional, con remate no Obelisco.

Haberá un autocarro desde Compostela,
intesadxs contactar con: foroinmigracionsantiago@yahoo.es

Animamos a todxs a participar!



Programa

Descargar Cartaz

Comedor popular e horta comunitaria

Fonte: http://galizalivre.org/?q=noticia%2F22.05.2012%2Fassembleia-aberta-de-compostela-prepara-comedor-popular-e-horta-comunit-ria

Assembleia Aberta de Compostela prepara comedor popular e horta comunitária

Versión PDFVersión PDF
assembleia-aberta.JPG
Redaçom/ A Assembleia Aberta é um dos frutos mais interessantes do 15M em Compostela. Pessoas de todo tipo organizadas desde há meses estám a pôr em marcha diversos projetos, desde “blocos críticos” dentro das manifestaçons tradicionais, até organizaçom de palestras-colóquio como a de ontem com Carlos Taibo. Agora, junto com o protesto e a reivindicaçom, também estám a abrir caminhos para um novo modo de vida.

Comedor popular
Conforme a sua última assembleia, no mês de junho porám em marcha um comedor popular que se realizará durante as Feiras de Conjo. Este tipo de iniciativas comunitárias tivo o seu começo há uns anos, como comedores populares como o da Gentalha do Pichel, Sem um Cam, ou o que se realiza semanalmente no Mádia Leva de Lugo. Também tenhem grande continuidade os jantares solidários com os presos e presas políticas galegas. Quiçá a impronta da crise poda dar novos pulos a este tipo de projetos.

Horta comunitária
Graças à cessom dum terreno por parte da Federaçom Galega de Hortas Urbanas, a Assembleia Aberta de Compostela começará a trabalhar um terreno de 500 m2 na paróquia de Conjo, com a que produzir alimentos saudáveis e ganhar autonomia face a economia de mercado.

Autonomia, autogestom
A própria web de Asemblea Aberta alberga conteúdos de interesse para avançar na autogestom, como uns úteis conselhos para o uso livre da eletricidade, o programa dum curso sobre cooperativismo organizado pola CNT, ou um protocolo anti-repressivo a seguir no caso de sançons administrativas. A Assembleia está a reunir-se todas as quintas às 20 horas na Praça Roxa.

19 de mayo de 2012

Acta Asemblea do 17.05


Asemblea Aberta 17-5-12
ACTA-RESUMO
Acordos acadados:
                      Comedor popular: Falase de comezar a traballar e impulsar este tema. Proponse unha primeira acción do comedor, sendo posible realizala durante as Feiras de Conxo a primeira semana de Xuño. Visibilización e presentación do proxecto. Tarefas: Pablo realiza a consulta, Roi o folleto informativo. Seguirase a organizar na próxima asemblea.

                      Horta de Conxo: A Federación Galega Hortas Urbanos cede á Asemblea 500 m2, acórdase comunicarse con eles e aceptar a cesión.

                      Obradoiro de Radiografías: realizarase o xoves 24 a partir as 16.30 na praza do Toural.

                      Palestra-coloquio Carlos Taibo: realizarase o luns 21 de Maio ás 18h, sobre a temática do desemprego, coa colaboración de persoas  que estean desenvolvendo proxectos en réxime de cooperativa. Estamos pendentes de confirmar o espazo. Tarefas: Nuria consulta a participación de As Duas e outras opcións, Eire fará o cartaz cando reciba toda a información; pídese colaboración a todas na difusión. ( Xa está confirmado o lugar, será no salón de actos da Facultade de Filosofía. Aquí O cartaz )

                      Acción sobre a Reforma Laboral: levarase a cabo o día 25 de Maio (pide información no correo asembleaberta@gmail.com )

Lembra que tes sempre dispoñible tódalas actas na sección "Actas Asembleas"

18 de mayo de 2012

Coloquio Carlos Taibo

Palestra-coloquio Carlos Taibo: realizarase o luns 21 de Maio ás 18h, sobre a temática do desemprego, coa colaboración de persoas  que estean desenvolvendo proxectos en réxime de cooperativa.
Evento facebook: https://www.facebook.com/events/335964506476849/


17 de mayo de 2012

Concentración en contra dos recortes na educación

Asemblea Aberta de Estudantes: convoca unha concentración en contra dos recortes o martes 22, ás 12h na Praza Toural.

E o luns 21 ás 19h. asemblea operativa diante da facultade de Filosofía.






Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/174494086011555/


Manifesto da Concentración:

“Por unha educación superior pública, de calidade, e en condicións de igualdade para todos e todas”

De cara o 22 de maio, fronte á falta dacordo sindical na Galiza, as alumnas e alumnos da Asemblea Aberta de estudantes, decidimos auto-organizarnos e levar a cabo, de forma conxunta, unnha concentración ás 12:00 no Toural. Con esta concentración, pretendemos mostrar o noso absoluto reixeitamento á actual situación da Educación Pública, e, máis concretamente, á situación do sistema universitario. Así, manifestamos a nosa total disconformidade coas seguintes medidas:

Aumento das taxas universitarias. A universidade debe ser accesible para todo o conxunto da sociedade, e non só para unha minoría privilexiada. Ademais, consideramos que a Universidade debe ser convenientemente financiada polo Estado, polo que nos opoñemos drasticamente a calquera subida de taxas.

Participación no 12M

Asemblea Aberta tamén saiu á rúa o #12M.

9 de mayo de 2012

Novas accións da asemblea de estudantes

Novas accións da asemblea de estudantes que están pechados na Facultade de Psicoloxía e CC. Da educación:


Mércores 9
  • 12:00 – Primeira acción informativa polo Campus: Saída ás 12:00 dende a entrada de Educación Social.
  • 17:00 – Segunda acción informativa polo Campus: Saída ás 17:00 dende a entrada de Educación Social.
  • 20:00 – Proxección Documental “Maleducados, el problema de la educación en Chile”.
  • 22:00 – Cea Colectiva - Colabora traendo comida.
  • 23:00 – Coloquio sobre o documental.
  • 00:00 Preparación de faixas, carteis e consignas para a xornada de Folga 10M.
Xoves 10
  • 08:00 – Piquetes nas facultades de Educación Social, Psicoloxía e Pedagoxía.
  • 09:00 – Saída de piquetes polo Campus ata chegar á praza do Toural para secundar a manifestaciónlevaremos cacerolada e as faixas e carteis da folga (saída dende Educación Social).
  • 12:30 – Saída da manifestación dende o Toural: Actuaremos como “Asamblea de Estudantes” dentro do bloque crítico da manifestación.

8 de mayo de 2012

O estudantado galego actúa

O estudantado galego actúa contra os recortes e por unha universidade pública e de calidade.


Feche na Facultade de Psicoloxía e CC da Educación en Santiago de Compostela twitter:@AsambleaEducPsi http://asambleaeducpsi.wordpress.com/

Feche na Biblioteca de Fonseca de Santiago de Compostela #pechefonseca  http://www.sermosgaliza.com/artigo/social/okupan-a-biblioteca-xeral-en-santiago-contra-a-suba-das-taxas/20120507124652000942.html


Feche na Biblioteca Torrecedeira Vigo #pechetorrecedeira http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=84060

7 de mayo de 2012

Feche da Facultade de Pscioloxía e CC. da Educación

"Por unha educación superior pública, de calidade e en condicións de igualdade para todos e todas"

Páxina web: http://asambleaeducpsi.wordpress.com/
Twitter: @AsambleaEducPsi
Grupo Facebook: https://www.facebook.com/groups/278948502194384/


  • Luns 7
    • 14:00 – Asamblea Aberta (Aulas 6-7 Módulo de Educación Social)
    • 20:00 – Coloquio ¿Que universidade queremos?
    • 22:00 – Cea Colectiva - Colabora traendo comida
    • 23:00 – Continuación do coloquio e actividades nocturnas
    Martes 8
    • 20:00 – Charla de Antonio Pérez Casas , membro da PUDUP sobre o finanzamento da USC e como nos afecta o Real Decreto.
    • 22:00 – Cea Colectiva - Colabora traendo comida
    • 23:00 – Asamblea sobre a Folga Estudantil do Xoves día 10.
    Mércoles 9
    • 20:00 – Proxección Documental ” Maleducados, el problema de la educación en Chile”
    • 22:00 – Cea Colectiva - Colabora traendo comida
       
    • 23:00- Coloquio sobre o documental e reflexións xerais sobre o conseguido durante o peche.


    *Posibles modificacións nos horarios e incorporacións de novas charlas

6 de mayo de 2012

Acta Asemblea Xoves 3 de Maio


Asemblea xoves 3 de maio

Difusión


-María deixa as radiografías no Illa. Recólleas Roi.
-Fanse nas festas de San Pedro.
-O vindeiro xoves repártense e vaise a difundir por aí.

Pasarrúas contra recortes sociais

-Hai un panfleto feito por Paz.
-O luns ás 5 queda en Mazarelos para ir pegar carteis para anunciar a acción.
- Farase o mércores 9 ás 12:00. Saída Praza do Toural.

Comedor Popular

- Proposta de organizar un comedor popular-banco de tempo.
- Nada de caridade, cada 4 comidas cambiaranse por unha hora de traballo.
- Luns ás 20:00 queda na cafetería de Fonseca para falar do tema.

Folga universidade 10 de maio

- Luns e mércores faranse rondallas antes da folga.
- O xoves haberá piquetes.
- Os detalles diránnolos os compañeiros de ciencias de educación.


Foro inmigración

- O sábado 27 hai manifa en Coruña. Pódese chamar a este número: 981576142, mellor entre as 18:00-20:00. O bus sae ás 8:00 da mañá de Santiago, volve ás 20:00.
- Tamén hai que compañeiros que irán nos seus coches. A xente que se organice para ir xunta.

Manifa de 12 de maio

- Participarase con pancarta propia: Bloque Autónomo Anticapitalista.
- Utilizaranse os panfletos da reforma laboral-trivial e do 1 de maio (cambiando datas e demais).

Outras convocatorias

- Luns ás 18:00 latricada contra o aborto nas Dúas.
- Luns ás 20:30 concentración contra a violencia machista en Praza do Toural.