28 de septiembre de 2012

25S. Todo o poder para o povo!

O día 25 de setembro saimos en manifestación á vez que xente de todo o estado, para reclamar un sistema máis xusto onde todxs teñamos voz. Saimos desde a Praza Roxa cara o Parlamento de Galicia e despois cara o Obradoiro. Todo o poder para o povo!!!!!!!!















21 de septiembre de 2012

O 25-S OCUPA A PRESIDENCIA, OCUPA O PARLAMENTO

Estamos fartos de vivir nun sistema coaccionado polos mercados que nos levou a ser vítimas dunha estafa a grande escala á que chamaron crise. Consideramos que a situación traspasou todos os límites tolerables e que coa complicidade de todas as forzas políticas representadas nos parlamentos do Estado están a destruír os medios de vida das clases populares para manter os privilexios e fortunas dos máis ricos.
O noso sistema político resultou ser unha fraude na cal os distintos gobernos nos traizoan facendo exactamente o contrario aos seus compromisos electorais, e no que a xustiza non actúa contra os banqueiros, políticos e empresarios culpábeis da situación. Esta estrutura de poder viciada e inmoral implanta políticas que rematan cos nosos dereitos e destrúen as nosas vidas converténdonos en vítimas dunha represión inxustificábel cando demandamos un cambio na situación: secuestros, montaxes policiais, multas, agresións.
Cremos que o problema é de tal magnitude e as súas raíces tan fondas que a solución non pasa por efectuar reformas baseadas nos mecanismos do sistema político actual.
Por todo o exposto convocamos á cidadanía o día 25 de Setembro de 2012 a manifestarse de forma indefinida. A partires das 19:30 iniciaremos unha marcha desde a Praza Roxa polas principais institucións do poder en Compostela: o Parlamento de Galiza e a Presidencia da Xunta. O noso obxectivo é conseguir a dimisión do Goberno para que a través da unión de todas as loitas consigamos unha Sociedade máis xusta.
Saída da manifestación o 25 de setembro ás 19:30 desde a
Praza Roxa: traede cacerolas, instrumentos, etc.


Gran Festa da Reforma Laboral na Confederación de Empresarios de Galicia

En maio a Asemblea Aberta realizou un acto ridiculista co motivo da aprobación definitiva da reforma laboral.






Asemblea Aberta cxs mineirxs

O pasado Xuño a Asemblea Aberta en solidariedade cos mineiros saiu en manifestación cortando a rúa da Virxe da Cerca ata a Pota do Camiño.