19 de mayo de 2012

Acta Asemblea do 17.05


Asemblea Aberta 17-5-12
ACTA-RESUMO
Acordos acadados:
                      Comedor popular: Falase de comezar a traballar e impulsar este tema. Proponse unha primeira acción do comedor, sendo posible realizala durante as Feiras de Conxo a primeira semana de Xuño. Visibilización e presentación do proxecto. Tarefas: Pablo realiza a consulta, Roi o folleto informativo. Seguirase a organizar na próxima asemblea.

                      Horta de Conxo: A Federación Galega Hortas Urbanos cede á Asemblea 500 m2, acórdase comunicarse con eles e aceptar a cesión.

                      Obradoiro de Radiografías: realizarase o xoves 24 a partir as 16.30 na praza do Toural.

                      Palestra-coloquio Carlos Taibo: realizarase o luns 21 de Maio ás 18h, sobre a temática do desemprego, coa colaboración de persoas  que estean desenvolvendo proxectos en réxime de cooperativa. Estamos pendentes de confirmar o espazo. Tarefas: Nuria consulta a participación de As Duas e outras opcións, Eire fará o cartaz cando reciba toda a información; pídese colaboración a todas na difusión. ( Xa está confirmado o lugar, será no salón de actos da Facultade de Filosofía. Aquí O cartaz )

                      Acción sobre a Reforma Laboral: levarase a cabo o día 25 de Maio (pide información no correo asembleaberta@gmail.com )

Lembra que tes sempre dispoñible tódalas actas na sección "Actas Asembleas"

2 comentarios:

  1. Queria preguntar se xa se sabe que se vai a facer cos produtos da horta, grazas.

    ResponderEliminar