Actas Asembleas

Acta 14.02.2013

- Tratouse o tema da comunicación externa e interna, debido a diversas críticas de xente da propia asemblea e simpatizantes. Chegouse ás seguintes conclusións:

  1. O whatsapp e o facebook non é usado por todos, co cal hai xente que non se enteira de certas cousas. O correo electrónico é a canle oficial de comunicación interna na asemblea, e como tal, todas as comunicacións internas deben ser através del, replicándose se se quere noutros medios de comunicación.
  2. Non se están publicando as actas da asemblea, impedindo tanto á xente que non puido asistir como á xente que non participa coñecer o noso traballo. Quedouse en publicar as actas da asemblea tanto no blog coma no correo electrónico.
  3. Quedouse en actualizar a lista de correo e facer un sóndeo para poñer unha nova hora e día para a celebración das asembleas, para iso mandarase un mail a toda a lista de correo pedíndolles ós membros interesados en seguir recibindo os nosos emails que o respondan e que fagan unha proposta de hora e día. O paso de dúas semanas desde o envío do correo actualizarase a lista, poñerase unha nova hora e día para as asembleas e publicitarase de novo a asemblea.

- Centro Social:

Quedouse o luns, mércores e xoves na casa para traballar, a partir das 16:00 h. Plantéxase a idea de facer un grupo para as fins de semanas. Voluntarios?

-Outros

O venres 15 (hoxe) quédase ás 20:00h no Centro Social para ir de pegada de cartaces para a manifestación do domingo de Stop Desahucios.


Acta 21.06.12

-Horta:
        -Sábado quédase na horta ás doce para abonar e plantar o que queda.
        - Comida na horta: parrillla leva Laura e xa se comprará o que faga falta vendo os que estemos alí.
        - Depósitos de auga: xente con furgallas xa nos avisarán cando poidan.

Comedor:
        - Participar na feira das actividades prohibidas o mércores 27.
        - Facer cea con pinchos varios: tortilla, empanada, pizza, etc.
        - Levaranse as cousas a casa de Xoán. Quédase o mércores ás 17:45 diante do Santander da praza de Galiza.
        - Xoán levará unha mesa para o comedor.
        - Chapas e panfletos leva María. Laura podería tirar máis copias.
        - O sábado aproveitarase para facer unha faixa

Festas de San Pedro:
           - O cupo está pechado. Pódese falar coa asemblea de San Pedro a ver se nos ceden un pouco de espazo.


Acta 24.05.12

Comedor social:

Festas de Conxo e Presentación como comedor

Material que fai falla e persoas encargadas de conseguilo:

Bombona -> María
Tubo para a bombona --> Mercar
Conector da bombona --> Moshe
2 bridas metálicas para o tubo --> Paz
2 potas --> 1 Iago + 1 Nesi
2 mesas --> 1 María e 1 Sara
2 Cucharon soperos --> Pablo
2 Coitelos para picar e cortar --> 1 Roi Ribeira + 1 Roi Xurxo
2 Capachos --> Pablo e Paz
Pratos, culleres, garfos e coitelos --> Dación voluntaria de xente do grupo

Falar coa CNT para cesión de espazo para gardar os materiais --> Roi Xurxo

Quedouse en intentar facer a comida reciclando comida, en caso
contrario mercar o que faga falla.

Horta:

Moshe, Pablo e Nesi encarganse de falar con Mon para cocretar todos os
detalles da cesión.



Festa de empresarios: Mércores 30 as 17:30 no Toural

- Vestir elegante
- Mercar confeti, copas de plastico, e facer a Faixa quedada o lus 28
na Alameda ás 12
- Equipo de música -> Moshe
- Panfleto do trivial--> María Diaz
- Panfleto de asesoría -->Iago
- Flyers --> Roi Xurxo



Asemblea Aberta 17-5-12

ACTA-RESUMO
Acordos acadados:
                      Comedor popular: Falase de comezar a traballar e impulsar este tema. Proponse unha primeira acción do comedor, sendo posible realizala durante as Feiras de Conxo a primeira semana de Xuño. Visibilización e presentación do proxecto. Tarefas: Pablo realiza a consulta, Roi o folleto informativo. Seguirase a organizar na próxima asemblea.

                      Horta de Conxo: A Federación Galega Hortas Urbanos cede á Asemblea 500 m2, acórdase comunicarse con eles e aceptar a cesión.

                      Obradoiro de Radiografías: realizarase o xoves 23 a partir as 16.30 na praza do Toural.

                      Palestra-coloquio Carlos Taibo: realizarase o luns 21 de Maio ás 18h, sobre a temática do desemprego, coa colaboración de persoas  que estean desenvolvendo proxectos en réxime de cooperativa. Estamos pendentes de confirmar o espazo. Tarefas: Nuria consulta a participación de As Duas e outras opcións, Eire fará o cartaz cando reciba toda a información; pídese colaboración a todas na difusión.

                      Acción sobre a Reforma Laboral: levarase a cabo o día 25 de Maio (pide información a través do correo)



Asemblea xoves 10 de maio

-Facer plantillas (hai que saber o horario de Arredista para facer alí as plantillas)
-Recuperar panfletos do trivial sobre a reforma laboral e engadir a convocatoria das asembleas (Cris), imprime Roi
-Faixa para as asembleas
-Falar do comedor social o xoves con Paz
-Preparar próximas accións



Asemblea xoves 3 de maio

Difusión

-María deixa as radiografías no Illa. Recólleas Roi.
-Fanse nas festas de San Pedro.
-O vindeiro xoves repártense e vaise a difundir por aí.

Pasarrúas contra recortes sociais

-Hai un panfleto feito por Paz.
-O luns ás 5 queda en Mazarelos para ir pegar carteis para anunciar a acción.
- Farase o mércores 9 ás 12:00. Saída Praza do Toural.

Comedor Popular

- Proposta de organizar un comedor popular-banco de tempo.
- Nada de caridade, cada 4 comidas cambiaranse por unha hora de traballo.
- Luns ás 20:00 queda na cafetería de Fonseca para falar do tema.

Folga universidade 10 de maio

- Luns e mércores faranse rondallas antes da folga.
- O xoves haberá piquetes.
- Os detalles diránnolos os compañeiros de ciencias de educación.


Foro inmigración

- O sábado 27 hai manifa en Coruña. Pódese chamar a este número: 981576142, mellor entre as 18:00-20:00. O bus sae ás 8:00 da mañá de Santiago, volve ás 20:00.
- Tamén hai que compañeiros que irán nos seus coches. A xente que se organice para ir xunta.

Manifa de 12 de maio

- Participarase con pancarta propia: Bloque Autónomo Anticapitalista.
- Utilizaranse os panfletos da reforma laboral-trivial e do 1 de maio (cambiando datas e demais).

Outras convocatorias

- Luns ás 18:00 latricada contra o aborto nas Dúas.
- Luns ás 20:30 concentración contra a violencia machista en Praza do Toural.



Asemblea Xoves 26 Abril

Quédase para próximas accións en facer carteles que as anuncien.
Facer plantillas para difusión (O luns se reparten as plantillas e se organiza a distribución)

Propuesta de acción para más adiante: facer unha festa pola reforma laboral na Confederación de Empresarios.

Acórdase en facer a web de http://asembleaberta.blogspot.com.es/ a oficial. Hai que anunciar na plataforma de wordpress que trasládase páxina

O 2 de Maio ás 20:30 coméntase que hai un Foro Galego de Inmigración (Centro Traballo Cultura, rúa San Roque). Foro sobre a discriminación ós inmigrantes no sistema, tarxeta sanitaria, endurecimento da lei de extranxería.. Coméntase de facer accións conxuntas coa xente de este foro

Accións:

  • O luns 30, acción en pro ós servicios sociais. Pasarrúas ata a Consellería de Bienestar. Ás 11.30 na Praza Toural
  • 1 de Maio: 
    • Bloque crítico na concentración da CIG, quédase ás 12:15 no parque de Ramirez que está preto da Praza Roxa (Hai que facer pancarta; en principio quédase en "Bloque Crítico Autónomo Anticapitalista"). 
    • Ó mediodía xantar comunitario na Alamaeda (palco, 14:30 aprox.)
    • Pola tarde performance. Hai que preparala. Resumindo consiste en tapar a uns compañeiros cunha sábana blanca a modo de que o sistema nos invisibiliza. Despois outros os destapan, querendo dicir que a solidaridade e a unión é o camiño para loitar

Asemblea Xoves 19 Abril
Difusión:
  • Recoller no blog as convocatorias: http://asembleaberta.wordpress.com/
  •  Facer un facebook de Asemblea Aberta
  • Hai cartazes da Asemblea na fotocopiadora Copy-A3 da Praza de Mazarelos
- Accións
  • Luns 23 ás 19:00 quedada na facultade de Filosofía para preparar carteis dos pasarrúas.
  • Martes 24 ás 17:00 queda na Praza Roxa para pasarrúas sobre Reforma Laboral:
      1. Hai xente que se comprometeu a traer escoba, cubo e cola.
      2.  Temática reforma laboral
      3. Percorrido polas ETT´s da zona nova
      4.  6 persoas irán vestidas de presos e un de empresario
      5. Ao final do percorrido farase unha poxa dun contrato
  • Xoves 26 ás 10 queda no Toural para segundo pasarrúas sobre os recortes en servizos públicos
      1.  Paz traerá un pequeno texto.
      2.  Aproveitar o paso pola Confederación de empresarios da Coruña para facer unha pequena acción.
      3.  Acabar na Concellería de Servizos Públicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario