31 de enero de 2014

10º aniversario da Gentalha do Pichel

Dende a Asemblea Aberta queremos mandar un saúdo ás compañeiras da Gentalha do Pichel que están de 10 aniversario! 10 anos de traballo e compromiso que fan que a vida asociativa e cultural desta cidade non se poida entender sen a Gentalha. Vémonos hoxe na foliada ás 21.30 e agardemos seguir xunt@s na loita moitos anos mais!

20 de enero de 2014

Asemblea contra a Lei de Seguridade cidadá


Á espera da inminente aprobación da lei de Seguridade Cidadá (finais de este mes), quixeramos facer un chamamento para reunirnos en asemblea con todos os colectivos e persoas da cidade que estean preocupados por este tema. O obxectivo sería reflexionar e artellar unha resposta, unha xornadas de confrontación, compartindo as diversas propostas de actuación de cada grupo, así como as que poideran xurdir conxuntamente.

A falta de tempo para decidir o lugar e data, propoñemos e convidamos a vir o próximo xoves 23, as 19:00h no C. S. A. do Sar (Rúa Curros Enriquez nº28).

14 de enero de 2014

Solidariedade co Gamonal

En solidariedade co gamonal e contra a represión policial convocamos concentración no toural o venres 17 ás 20.00
Difundide!!

12 de enero de 2014

Asemblea Inaugural do C.S.A. do Sar

Este luns 13 de xaneiro ás 20:00 terá lugar a primeira asemblea do Centro Social Autoxestionado do Sar, e convidámosvos a que participedes na súa fundación, xa sexa persoalmente ou como colectivo. Está aberta a tod@s, agardámosvos!