23 de abril de 2014

Este 24 de abril voltamos ás rúas, fagamos noso o 1º de Maio!



Este 24 de abril voltamos ás rúas, fagamos noso o 1º de Maio!
Asemblea na Praza Roxa ás 20,00h o 24 de abril
Achégate e Participa! convoca Asemblea Aberta


20 de abril de 2014

Novo blogue do CSOA Escárnio e Maldizer!

http://csoaescarnioemaldizer.wordpress.com/  aqui tedes o blogue d@s compeñeir@s do CSOA Escárnio e Maldizer, onde poder informarvos de todas as actividades que fan e darlles boa difusión!

10 de abril de 2014

O sábado 12 de abril: Jam na horta no CSA do Sar!

Este sábado 12 de abril JAM NA HORTA no CSA do Sar!!! a partir das 12.30 até as 22.00h, o programa Jastas CINTA d’ A Kalimera Rádio Livre trasládase á casiña do peixe!
Concertos, graffiti, beatbox e máis sorpresas e, como todo na do peixe, de balde!!
A xornada comezará ás 12.30 horas co arte dos grafiteiros dando vida ás paredes e un pouco de música, logo sesión vermú cos compas de Frederick e pola tarde ao redor de vinte mc’s, dj’s e beatboxers nunha jam que se prolongará ata as 22.00h.
Rúa Curros Enriquez nº28, Compostela

Actividades no CSOA Escárnio e Maldizer

Actividades pra esta semana das compañeiras do CSOA escárnio e maldizer! E recordade que todas as mañás a partir das 10 xornada de traballo para construir un espazo para todas, na Algalia de arriba nº11

5 de abril de 2014

Actividades do CSOA Escárnio e maldizer

Actividades d@s compañeir@s do CSA Escárnio e maldizer para esta finde! na algalia de arriba nº11


3 de abril de 2014

Novo espazo autoxestionado en Compostela na Algalia de Arriba nº11!





Hoxe 3 de abril dende as 18h na Algalia de Arriba 11, abre un novo espazo liberado en Compostela! deixámosvos a programación de hoxe e mais o comunicado d@s compañeir@s sobre o novo espazo cultural libre:

Horario do día 3:
18:30 -Asamblea aberta: debate sobre a necesidade de espazos abertos para todas
20:30 -"A rebeldía do corpo, a rebeldía da @" palestra impartida por Teresa Moure.
22:30 - Ceador vegano e foliada

 
"Que queremos facer?

Desde o ano 2011 o antigo local da agrupación folclórica Cantigas e Agarimos sito na Rua da Algalia de Riba 11 permaneceu fechado. Un grupo
de persoas da cidade decidimos reabrir este espazo para o enchermos de
vida e de cultura, porque cremos que a cultura non debe permanecer fechada. Para reabrirmos, non contamos só con razóns culturais do noso lado, hai moitas outras. Esta acción non deixa de ser unha protesta contra a as elites sociais: políticos corruptos, construtores e grandes empresarios que mandan máis que estes últimos, unha policía que os defende a todos e unha xustiza que os ampara.

Contra quen?

Nos últimos tempos, a cultura en Compostela está a se tornar nun privilexio
das elites. A nosa sociedade está a experimentar unha crecente división entre persoas privilexiadas e escravas. Mentres as primeiras desfrutan dunha pomposa cultura elitista, ás segundas élles negado o dereito ao lecer: "ti és unha escrava, non se che perde nada no teatro, no cinema ou escoitando música, pasa a traballar!". Mentres tiran os cartos en mausoleos como a Cidade da Cultura, nós queremos traer cultura á cidade; cultura libre e para todas. Para alén disto, vimos de sofrer o último gople contra as actuacións ao vivo nesta cidade, coas última normativa municipal que prohibiu todas as actuacións nos bares da zona vella. Queremos que os nosos pallasos sexan artistas, e non políticos empoleirados no Concello. Que non especulen coas nosas vidas: nin Pokémons, nin Currás nin Condes Drogas.

Para quen?

Este é un proxecto para todas: para as desafiuzadas, para as que non chegan a fin de mes, para quen non pode pagar os estudos, para as paradas, para as precarias, para quen non pode pagar os medicamentos, para quen vai ficar sen sanidade, para quen deixa a pel en fronteiras absurdas, para quen ten que abortar clandestinamente, para quen padece o abuso machista, para as explotadas sexualmente, para quen sofre a homofobia, para os excluídos e os marxinados, para todas as que somos como o poder non quer que sexamos.

Molestámoslles porque non somos como queren que sexamos."

28 de marzo de 2014