30 de abril de 2012

1º de Maio

O 1 de Maio, Asemblea Aberta Santiago de Compostela irá como bloque crítico na concentración das 12:30 na Praza Roxa.

"Bloque Autónomo Anticapitalista. Non é unha crise, é o sistema"


Foto da Pancarta:


26 de abril de 2012

Video do pasarrúas do 24 abril

Pasarrúas do 24 abril en contra da Reforma Laboral e das ETTs.

Porque a loita non remata o día 29M, seguimos na rúa defendendo os nosos dereitos e loitando contra escravitude obreira

Ver video



24 de abril de 2012

Curso de cooperativismo na CNT

Lembrarvos que hoxe comeza o curso de cooperativismo na CNT ás 20:00.

Todas as sesións do curso de cooperativas terán lugar no local de CNT
Compostela (rúa García Prieto, 24-26) das 20.00 ás 21.30.

Lémbrovos o programa:

CURSO: AS SOCIEDADES COOPERATIVAS GALEGAS

  • Martes, 24 de abril. Título: As sociedades cooperativas galegas.

23 de abril de 2012

Conde Roa increpado a súa saída do Xulgado

Video do xa exalcalde de Santiago de Compostela, Conde Roa, a súa saída dos Xulgados o 12 abril de 2012.

Video (video e fotos de Candidatura do Povo)

....


12 Abril 2012


O alcalde de Santiago de Compostela sae escoltado baixo gritos de "estafador", "dimisión" e "corrupto" tras declarar no Xulgado como imputado por un suposto fraude fiscal tras presentar a Fiscalía unha querella en relación ao impago a Facenda de 291.289,43 euros, ao non aboar o IVA que cobrou da venda de 61 vivendas que realizou a través da súa promotora

Asemblea Aberta todos os Xoves


Todos os Xoves ás 20:00 h. na Praza Roxa temos unha cita na Asemblea Aberta. Participa!!!!
Aquí tedes o cartaz da Asemblea para difundir:

Encerro na Facultade de Historia


A precarización e privatización en todos os ámbitos sociais vai en aumento ao mesmo ritmo que o número de desempregadas e precarizadas. Mediante recurtes sociais como a reforma laboral recen aprobada o poder cada vez mostra a sua face mais fascista. É só unha peza máis da engranaxe á que nos vemos sometidas: banca, patronal, partidos e sindicatos do rexime condénannos ainda mais á escravitude moderna. Monicreques de ETT´s, sobrevivintes a contratos-lixo, habitantes dun país en proceso de destrucción ambiental e cultural, vítimas da ditadura policial videovixiada, vivemos unha época na cal non podemos ficar impasíveis. Ou o seu presente de miseria ou outra cousa.
Desde o 26 de Marzo ocupamos a facultade de historia unha asemblea de estudantes e precarias. Xuntamonos co fin de unir esforzos e de criar un espazo de disidencia ante o contexto de degradación en aumento que vivemos, un espazo en construcción permanente que non remata na folga xeral, mais ben comezou e continuará tomando as ruas da nosa cidade mediante a asemblea e a acción directa. Se o seu modelo é a selva capitalista, o noso será o dunha comunidade que se defende e autoxestiona os seus recursos. Entre todas podemos.