15 de febrero de 2013

Acta 14.02.2013

- Tratouse o tema da comunicación externa e interna, debido a diversas críticas de xente da propia asemblea e simpatizantes. Chegouse ás seguintes conclusións:


  1. O whatsapp e o facebook non é usado por todos, co cal hai xente que non se enteira de certas cousas. O correo electrónico é a canle oficial de comunicación interna na asemblea, e como tal, todas as comunicacións internas deben ser através del, replicándose se se quere noutros medios de comunicación.
  2. Non se están publicando as actas da asemblea, impedindo tanto á xente que non puido asistir como á xente que non participa coñecer o noso traballo. Quedouse en publicar as actas da asemblea tanto no blog coma no correo electrónico.
  3. Quedouse en actualizar a lista de correo e facer un sóndeo para poñer unha nova hora e día para a celebración das asembleas, para iso mandarase un mail a toda a lista de correo pedíndolles ós membros interesados en seguir recibindo os nosos emails que o respondan e que fagan unha proposta de hora e día. O paso de dúas semanas desde o envío do correo actualizarase a lista, poñerase unha nova hora e día para as asembleas e publicitarase de novo a asemblea.

- Centro Social:

Quedouse o luns, mércores e xoves na casa para traballar, a partir das 16:00 h. Plantéxase a idea de facer un grupo para as fins de semanas. Voluntarios?

-Outros

O venres 15 (hoxe) quédase ás 20:00h no Centro Social para ir de pegada de cartaces para a manifestación do domingo de Stop Desahucios.