17 de mayo de 2012

Concentración en contra dos recortes na educación

Asemblea Aberta de Estudantes: convoca unha concentración en contra dos recortes o martes 22, ás 12h na Praza Toural.

E o luns 21 ás 19h. asemblea operativa diante da facultade de Filosofía.






Evento Facebook: https://www.facebook.com/events/174494086011555/


Manifesto da Concentración:

“Por unha educación superior pública, de calidade, e en condicións de igualdade para todos e todas”

De cara o 22 de maio, fronte á falta dacordo sindical na Galiza, as alumnas e alumnos da Asemblea Aberta de estudantes, decidimos auto-organizarnos e levar a cabo, de forma conxunta, unnha concentración ás 12:00 no Toural. Con esta concentración, pretendemos mostrar o noso absoluto reixeitamento á actual situación da Educación Pública, e, máis concretamente, á situación do sistema universitario. Así, manifestamos a nosa total disconformidade coas seguintes medidas:

Aumento das taxas universitarias. A universidade debe ser accesible para todo o conxunto da sociedade, e non só para unha minoría privilexiada. Ademais, consideramos que a Universidade debe ser convenientemente financiada polo Estado, polo que nos opoñemos drasticamente a calquera subida de taxas.



Recortes en bolsas e axudas, reducíndose en máis dun 10% as partidas de bolsas do MEC, o que implica un recorte de 166 millóns de euros. As bolsas constitúen un elemento fundamental á hora de promover o principio de equidade no ámbito educativo, e por isto é imprescindible que se manteñan en número e contía, de modo que calquera persoa poida acceder a estudos superiores en igualdade de oportunidades.

Ademais, non hai que pasar por alto a proposta sobre o aumento dos requisitos para poder acceder a ditas becas e mantelas, que obedece máis a un principio economista e meritocrático, que á necesidade das persoas que, en situación económica desfavorable, desexen acceder á Universidade.

Aumento da carga docente de profesores e profesoras, que tamén constitúe un serio obstáculo á hora de compaxinar a docencia coa labor investigadora. Isto, unido aos despidos do persoal investigador, así como aos recortes producidos nesta materia, (630 millóns de euros), disminúe a capacidade da Universidade como ente creador e difusor de coñecemento.

Aumento da relación de alumnos/as por aula, o cal constitúe todo un impedimento á hora de executar procesos dinámicos e participativos, redundando enormemente na calidade da ensinanza.

Todo iso sen esquecer o recorte efectuado nos Orzamentos Xerais do Estado, no cal se reduciron en máis dun 20% as partidas do Ministerio de Educación e Ciencia, así coma os plans e estratexias tales coma a Normativa de Permanencia ou a Estratexia Universidade 2015, que non fan máis ca potenciar unha ensinanza utilitarista, máis propia do sector empresarial e industrial, ca dun sistema educativo que teña como obxectivo o desenvolvemento integral dos seres humanos.

Por último, mentar que este ataque á Universidade Pública non é illado, pois prodúcese de forma paralela a outra serie de ofensivas aos servizos públicos, así como aos dereitos dos cidadáns e cidadás, que se concretan en medidas como a reforma laboral, o veto de acceso a persoas inmigrantes sen papeis ao sistema sanitario público, ou a proposta de criminalización das protestas cidadás pacíficas, entre outras.

Desta forma, demandamos que se garanta un acceso libre e en igualdade de condicións para todos/as á ensinanza universitaria, así como que se recoñeza o papel da educación coma motor fundamental do desenvolvemento da nosa sociedade, non únicamente desde un punto de vista economicista e utilitarista, senón tamén humano. Únicamente deste xeito se lle dará pulo a un sistema educativo de calidade para todos e todas, un sistema educativo ao que baixo ningún concepto estamos dispostos/as a renunciar.

Para máis información:

Email: asamblea.educ.psi@gmail.com
Facebook: Asamblea Educpsi / https://www.facebook.com/groups/278948502194384/
Twitter: @asambleaeducpsi
Web: http://asambleaeducpsi.wordpress.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario