18 de junio de 2012

I Xantar Popular do Comedor


A xornada do sábado 9 de xuño o comedor popular da Asemblea Aberta tivo a súa presentación á cidadanía de compostela. Aproveitando a celebración da feira de Conxo preparamos unhas lentellas na rúa para todas aquelas persoas que quixeron degustar máis realizamos un rastrillo/tómbola. As dúas actividades foron bastante exitosas pese o mal tempo e a escaseza de afluencia de xente. Agradecemos a xente da CNT que permitisen a acupación temporal do seu local para a preparación das nosas actividades.



5 de junio de 2012

Historias de Sachos

O sábado 2 de Xuño, comezou o proxecto de horta da Asemblea Aberta. Fumos visitar o espazo que nos cederon, comezamos as labores de limpeza e desbroce e a creación dun composteiro. 
Aínda queda moito traballo por facer, e un dos principais obxectivos e deseñar un sistema de recollida e almacenamento de auga. Hai que realizar os bancais e plantar as distintas hortalizas, rematar o composteiro e  acolchar os bancais, para evitar que crezan mala herbas.

Desde Asemblea Aberta facemos un chamamento a participación cidadá neste ou en calquera dos nosos proxectos.

Para o proxecto da horta necesitamos:

- Ferramentas de labranza (sachos, pas, anciños, etc)
- Plantón de hortalizas non transxénicas
- Desfeitos orgánicos para o compost
- Un deposito de auga ou sistema para recoller a auga da choiva

Se queres participar no proxecto ou cedernos algún material vémonos o xoves na Praza Roxa as 20:00.