29 de noviembre de 2012

Novo Centro Social Autoxestionado en Sar

Comeza un novo proxecto para a Asemblea Aberta, a creación dun novo Centro Social Autoxestionado na cidade. 

Levamos dúas semanas traballando nunha casa, situada na na rúa Curros Enríquez. A idea e convertir esta edificación en mal estado nun Centro Social Autoxestionado, no que podamos participar todos/as. Os traballos de restauración realízanse de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Existe un listado de tarefas pendentes e outro de materiais necesarios na propia casa. Tamén estamos a argallar formas de financión como son bonos axuda, petos, crowfunding, banco de tempo.... 

Materias necesarios:

 - Taboleiros de madera (para apuntalar e sustituír o solo)
- Caixas para organizar os materias
- Maza e cincel
- Líquido anticarcoma

Se che sobre algún destes materias e queres colaborar con nós, ou queres sumarte o proxecto só tes que pasar polo local ou acudir á Asemblea Aberta que se realiza todos os xoves nos soportais de correos ás 20:00h.

Invitamos a todo o mundo a participar neste proxecto!!













2 comentarios:

  1. Um conselho companheiros (para avaratar custos e tal); nom ha anticarcoma mais barata q o gasoil!!! isso mata todo!!!
    As vigas tocadas é melhor substituílas; por temas de seguridade.
    Apertas e sorte mo novo projecto!

    ResponderEliminar
  2. companheiros... dende Tenerife, moita sorte....
    tou moi contenta de ter CSOA cando vaia pra compostela. Nós eiqui tamén comezamos un proxecto similar... xa vos informaremos....
    apertas pra todxs. saude Forza... nin un paso atras
    SAudoooooooossss
    Ruth

    ResponderEliminar