5 de junio de 2012

Historias de Sachos

O sábado 2 de Xuño, comezou o proxecto de horta da Asemblea Aberta. Fumos visitar o espazo que nos cederon, comezamos as labores de limpeza e desbroce e a creación dun composteiro. 
Aínda queda moito traballo por facer, e un dos principais obxectivos e deseñar un sistema de recollida e almacenamento de auga. Hai que realizar os bancais e plantar as distintas hortalizas, rematar o composteiro e  acolchar os bancais, para evitar que crezan mala herbas.

Desde Asemblea Aberta facemos un chamamento a participación cidadá neste ou en calquera dos nosos proxectos.

Para o proxecto da horta necesitamos:

- Ferramentas de labranza (sachos, pas, anciños, etc)
- Plantón de hortalizas non transxénicas
- Desfeitos orgánicos para o compost
- Un deposito de auga ou sistema para recoller a auga da choiva

Se queres participar no proxecto ou cedernos algún material vémonos o xoves na Praza Roxa as 20:00.








1 comentario: