23 de abril de 2012

Encerro na Facultade de Historia


A precarización e privatización en todos os ámbitos sociais vai en aumento ao mesmo ritmo que o número de desempregadas e precarizadas. Mediante recurtes sociais como a reforma laboral recen aprobada o poder cada vez mostra a sua face mais fascista. É só unha peza máis da engranaxe á que nos vemos sometidas: banca, patronal, partidos e sindicatos do rexime condénannos ainda mais á escravitude moderna. Monicreques de ETT´s, sobrevivintes a contratos-lixo, habitantes dun país en proceso de destrucción ambiental e cultural, vítimas da ditadura policial videovixiada, vivemos unha época na cal non podemos ficar impasíveis. Ou o seu presente de miseria ou outra cousa.
Desde o 26 de Marzo ocupamos a facultade de historia unha asemblea de estudantes e precarias. Xuntamonos co fin de unir esforzos e de criar un espazo de disidencia ante o contexto de degradación en aumento que vivemos, un espazo en construcción permanente que non remata na folga xeral, mais ben comezou e continuará tomando as ruas da nosa cidade mediante a asemblea e a acción directa. Se o seu modelo é a selva capitalista, o noso será o dunha comunidade que se defende e autoxestiona os seus recursos. Entre todas podemos.
Día 27 :
14:30 – Xantar Comunitario no claustro da facultade
18:00 – Teatro: A gaivota de Chéjov
19:00 – Manifestación das traballadoras das artes escénicas na Alameda.
21:00 – Asemblea
22:30 – Palestra: Como actuar perante unha atuación policial
00:00 – proxección de documentarios
Día 28:
14:30 – Xantar comunitario no claustro da faculdade
18:00 – Rolda piqueteira contra a reforma laboral (Sae da porta principal)
21:00 – Asemblea
22:00 – Cea comunitaria
22:30 – palestra: alternativas ao sistema capitalista
Día 29:
09:30 – Quedada na porta da facultade de Historia para ir de piquetes
19:30 – Concentración diante da porta da facultade
UNE-TE E LUITA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario