Asemblea Aberta 17-5-12
ACTA-RESUMO
Acordos acadados:
• Comedor
popular: Falase de comezar a traballar e impulsar este tema. Proponse unha
primeira acción do comedor, sendo posible realizala durante as Feiras de Conxo a
primeira semana de Xuño. Visibilización e presentación do proxecto. Tarefas: Pablo realiza a consulta, Roi o folleto
informativo. Seguirase a organizar na próxima asemblea.
• Horta
de Conxo: A Federación Galega Hortas Urbanos cede á Asemblea 500 m2, acórdase
comunicarse con eles e aceptar a cesión.
• Obradoiro
de Radiografías:
realizarase o xoves 24 a partir as 16.30 na praza do Toural.
• Palestra-coloquio
Carlos Taibo: realizarase o luns 21 de Maio ás 18h, sobre a temática
do desemprego, coa colaboración de persoas que estean
desenvolvendo proxectos en réxime de cooperativa. Estamos pendentes de confirmar o espazo.
Tarefas: Nuria consulta a participación de As Duas e outras opcións,
Eire fará o cartaz cando reciba toda a información; pídese
colaboración a todas na difusión. ( Xa está confirmado o lugar, será no salón de actos da Facultade de Filosofía. Aquí O cartaz )
• Acción sobre a Reforma Laboral: levarase a cabo o día 25
de Maio (pide información no correo asembleaberta@gmail.com )
Lembra que tes sempre dispoñible tódalas actas na sección "Actas Asembleas"
Queria preguntar se xa se sabe que se vai a facer cos produtos da horta, grazas.
ResponderEliminarVanse usar para o comedor popular...
ResponderEliminar