O sábado 2 de Xuño, comezou o
proxecto de horta da Asemblea Aberta. Fumos visitar o espazo que nos cederon,
comezamos as labores de limpeza e desbroce e a creación dun composteiro.
Aínda queda moito traballo por
facer, e un dos principais obxectivos e deseñar un sistema de recollida e
almacenamento de auga. Hai que realizar os bancais e plantar as distintas
hortalizas, rematar o composteiro e acolchar os bancais, para evitar que
crezan mala herbas.
Desde Asemblea Aberta facemos un
chamamento a participación cidadá neste ou en calquera dos nosos proxectos.
Para o proxecto da horta
necesitamos:
- Ferramentas de labranza
(sachos, pas, anciños, etc)
- Plantón de hortalizas non
transxénicas
- Desfeitos orgánicos para o
compost
- Un deposito de auga ou sistema
para recoller a auga da choiva
Se queres participar no proxecto
ou cedernos algún material vémonos o xoves na Praza Roxa as 20:00.
tomaaaaaaaa!
ResponderEliminar