A xornada do sábado 9 de xuño o comedor popular da Asemblea Aberta
tivo a súa presentación á cidadanía de compostela. Aproveitando a
celebración da feira de Conxo preparamos unhas lentellas na rúa para
todas aquelas persoas que quixeron degustar máis realizamos un
rastrillo/tómbola. As dúas actividades foron bastante exitosas pese o
mal tempo e a escaseza de afluencia de xente. Agradecemos a xente da CNT
que permitisen a acupación temporal do seu local para a preparación das
nosas actividades.
18 de junio de 2012
5 de junio de 2012
Historias de Sachos
O sábado 2 de Xuño, comezou o
proxecto de horta da Asemblea Aberta. Fumos visitar o espazo que nos cederon,
comezamos as labores de limpeza e desbroce e a creación dun composteiro.
Aínda queda moito traballo por facer, e un dos principais obxectivos e deseñar un sistema de recollida e almacenamento de auga. Hai que realizar os bancais e plantar as distintas hortalizas, rematar o composteiro e acolchar os bancais, para evitar que crezan mala herbas.
Desde Asemblea Aberta facemos un chamamento a participación cidadá neste ou en calquera dos nosos proxectos.
Para o proxecto da horta necesitamos:
- Ferramentas de labranza (sachos, pas, anciños, etc)
- Plantón de hortalizas non transxénicas
- Desfeitos orgánicos para o compost
- Un deposito de auga ou sistema para recoller a auga da choiva
Se queres participar no proxecto ou cedernos algún material vémonos o xoves na Praza Roxa as 20:00.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)