Contra o desaloxo do CSO Palavea. En defensa dos espazos liberados. SÁBADO 29 ás 19:00 no Obelisco, A Coruña.
28 de marzo de 2014
contra o desaloxo do CSO Palavea, en defensa dos espazos liberados!
Etiquetas:
asemblea aberta,
cso palavea,
desaloxo,
manifestación,
solidariedade
14 de marzo de 2014
Solidariedade co C.S.O. Palavea!
O vindeiro luns 17 de marzo remata o prazo para abandonar o edificio
do Centro Social Okupado de Palavea, a partir dese momento poderá ser
desaloxado. Ante esta situación dende a Asemblea Aberta facemos un
chamamento a solidarizarse co espazo liberado acudindo o luns 17 ás
10:00 á porta do C.S.O. a resistir contra o desaloxo!
deixámosvos aqui o comunicado da asemblea do centro social:
“Dende a asamblea do CSO Palavea queremos difundir o seguinte comunicado:
O Xulgado acaba de fixar a data límite para que abandonemos o edificio do Centro Social Okupado de Palavea. O vindeiro luns 17 de marzo a partir das 12 hs a policia nacional poderá desaloxar este espazo liberado que moitos de vos coñecedes.
Dende a asamblea da okupa facemos un chamamento ós rebeldes e solidarios a que veñades a resistir connosco contra os envites do capitalism
o depredador, na súa procura de rematar co noso proxecto autoxestionado en aras da especulación urbanística e dos intereses financeiros dos ricos e poderosos. Por iso chamamos a ACUDIR O LUNS 17 ÁS 10:00 Á PORTA DO C.S.O. PALAVEA A RESISTIR CONTRA O DESALOXO deste o noso (e o voso) espazo liberado.
Para festexar a nosa rebelde desobediencia desenvolveremos dende agora e ata rematar esta fin de semana as Xornadas de Resistencia, con variadas actividades lúdicas, concertos, encontros e palestras. E xusto ao remate das mesmas, na mañá do luns, prantaremos cara xunt@s aos envites da xustiza do capital.
OKUPAMOS E RESISTIMOS
CONTRA O ESTADO E O CAPITAL, LOITA SOCIAL!!!”

Compostela,
cso,
desaloxo,
palavea,
solidariedade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)