1. CSA SAR
Esta semana acorda-se comprar o xerador.
Continua-se coas actividades semanais de mellora, esta semana
traballa-se o Luns, Mércores e Xoves às 16:30, e as labores son
desescombrar, e comezar a preparar todo para lixar as vigas.
Mira-se o tema de pedir un permiso de obra ao Concello e de ir
solucionando o tema da fontaneria.
2. HORTA
Acorda-se facer unha xuntanza para planificar o traballo na horta de
Conxo a partir de agora.
3. CONCERTO NA CÁMARA DE GAS
Vai-se facer un concerto este Sábado 23. O Martes 19 combinamos no
centro da Praza de Galiza ás 21:30 para facer unha pegada de cartaces
polos bares.
4. Preferentes
Acordamos asistir o Venres 22, 10:00hrs , á concentración que os
afectados realizan todos os dias na sucursal de NGB na Praza de
Galiza.
5. Dársena Xoan XXIII
Vamo-nos por en contacto con esta xente para ir vendo como vai o tema
do seu posíbel desaloxo, continuar a facer ceas populares e para ver
as posibilidades dun concerto para dar visibilidade ás persoas
afectadas.
7. A silveira
Informamo-nos das actividades que vai realizar a iniciativa anti-represiva.