29 de noviembre de 2012

Novo Centro Social Autoxestionado en Sar

Comeza un novo proxecto para a Asemblea Aberta, a creación dun novo Centro Social Autoxestionado na cidade. 

Levamos dúas semanas traballando nunha casa, situada na na rúa Curros Enríquez. A idea e convertir esta edificación en mal estado nun Centro Social Autoxestionado, no que podamos participar todos/as. Os traballos de restauración realízanse de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Existe un listado de tarefas pendentes e outro de materiais necesarios na propia casa. Tamén estamos a argallar formas de financión como son bonos axuda, petos, crowfunding, banco de tempo.... 

Materias necesarios:

 - Taboleiros de madera (para apuntalar e sustituír o solo)
- Caixas para organizar os materias
- Maza e cincel
- Líquido anticarcoma

Se che sobre algún destes materias e queres colaborar con nós, ou queres sumarte o proxecto só tes que pasar polo local ou acudir á Asemblea Aberta que se realiza todos os xoves nos soportais de correos ás 20:00h.

Invitamos a todo o mundo a participar neste proxecto!!